Andrea Costa

Xestión cultural con visión creativa

Acompaño institucións, asociacións e proxectos na xestión, deseño e desenvolvemento de iniciativas culturais.

Andrea Costa

“Sabía quién era esta mañana, pero he cambiado varias veces desde entonces”

Lewis Carroll

A que me dedico?

Organización e desenvolvemento da cultura no ámbito local

Axudo aos concellos a organizar e desenvolver a súa área de cultura: planificación, programación, coordinación entre concellerías, xestión de actividades e produción de proxectos.


Acompaño a asociacións e entidades culturais no mesmo proceso: converter ideas en proxectos reais, viables e ben estruturados.

 

A miúdo pensamos que a capacidade creativa está relacionada directamente co acto de crear, empregándose unicamente en cuestións artísticas como pintar un cadro, escribir un libro ou compoñer unha peza musical.

 

A creatividade é un músculo excepcional e, grazas a ela, podemos tomar mellores decisións e innovar en múltiples ámbitos. É a que nos empurra a saír das zonas de confort, educa a nosa mente para comprender a realidade desde distintas perspectivas e facilita a tarefa de organizar e resolver problemas.

FERRAMENTAS PARA ORGANIZAR, CREAR E CONECTAR

Sistema de Xestión Cultural

Unha ferramenta para organizar, coordinar e centralizar a xestión cultural de concellos, asociacións e empresas. Eventos, produción, programación e equipos conectados nun mesmo lugar.

Xestión de redes sociais

Unha axuda para planificar, organizar e dar forma ás redes do teu concello, evento ou negocio.

Próximamente.....

Estamos traballando nunha nova ferramenta pensada para facilitar a xestión, organización e conexión arredor do mundo animal e das mascotas.

Libros, proxectos e iniciativas propias

Iniciativas persoais vinculadas á creatividade, a cultura e a educación.

La cigüeña Marara

Un conto infantil escrito por Andrea Costa e ilustrado por MeliMolita, pensado para transmitir valores e fomentar a imaxinación dos máis pequenos.
Top